Índice. Carta a F.M.G.
Para todol-os irmáns en xéral, e aos amigos Ferreiro e Vázquez Martin, singularmente
Levamos un ano percorrido en precura da meta das libertades nacionaes –libertade interna, conciencia nacional pol-o camiño da formacion patriótica; libertade externa, imperium de Galicia, pol-o camiño da política revolucionaria ou activa. Etapa inicial que siñificou non indecisión, como dixo o irmán Vázquez Martin (porque os feitos, poucos ou moitos, motorizados pol-a F.M.G. foron producidos de xeito decisivo), nin literatura i-ensoño, como poidera facer supoñer a miña primeira carta– á que mañíficamente acusóu recibo a M.G. de Celanova na voz de Ferreiro –(pois tampouco e por desgracia, produxo moita literatura o noso movimento n-iste ano). Siñificou, mellor, preparación, afincamento, seguridade; foi, ante tudo, aquilo: a etapa inicial percisa ao desenvolvimento progresivo e integral, sin a qual iste desenrolo non se podería producir normalmente.
Nós non irrompemos na vida total galega; nós produxemos o noso primeiro andar por pasos contados, comenando primeiro a mensuralos pasos.
Nacemos ante un panorama de tébras soio c-unha roita diante, firme e segura, pero que estaba dentro de nós mesmos; por iso o noso primeiro ademán foi apalpar as tébras, precurar basamento e solideza, durmindo sescaso un pouco en lene sensación de gravidade.
Pol-o menos temos a exprencia do que se fixo e do que se debería faguer. É agora que compre, ensoiada unha acción definitiva, abrazar o traballo decisivo. Empular un movemento orgánico en todal-as actividades posíbeles da Pátria n-unha discipriña de enerxías i-esforzos inagotábeles. A nosa ideia nacional chegóu xa a unha unidade en nós. A nosa vindeira Asambreia, dará constitución real e material a isa ideia. N-ela comenzará a sua realización.
ILLA
Guieiro, nº 14, p. 3, em: ANT, 20/4/1935, nº 362

